Verónica Bolón ingresa na Real Academia de Ciencias
A súa investigación céntrase en métodos de aprendizaxe máquina dentro do campo da Intelixencia Artificial

A experta en Intelixencia Artificial da UDC Verónica Bolón, novo membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Foto: Universidade da Coruña / J. Rodríguez
J. Rodríguez
A profesora da Facultade de Informática da Universidade da Coruña Verónica Bolón Canedo (Carballo, 1984) acaba de ser nomeada nova Académica Correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España.
Verónica Bolón é enxeñeira Informática, con diploma en Estudos Avanzados e doutora en Computación, con premio extraordinario de doutoramento, pola Universidade da Coruña. Actualmente é profesora Titular no departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC.
A súa investigación céntrase en métodos de aprendizaxe máquina dentro do campo da Intelixencia Artificial (IA), resultando dela un número moi importante de publicacións indexadas (45 artigos en revistas do JCR e máis de 50 artigos en congresos), así como a autoría de dous libros completos, un libro editado e varios capítulos de libro.
Son investigacións altamente citadas (dúas das súas publicacións son Highly Cited Papers e en 2021 recibiu máis de 1000 citas en Google Scholar) e cunha clara aplicación social, tanto a temas médicos (diagnóstico de retinopatía do prematuro, diagnóstico de síndrome do ollo seco, detección de trastornos auditivos, diagnóstico de insuficiencia cardíaca, detección de complexos K en apnea do soño), como a problemas de enxeñería (detección de derrames de petróleo no mar), ou ao campo da educación (corrección automática de exames).
É revisora de revistas prestixiosas, membro de comités científicos e editoriais, e participou como avaliadora experta de proxectos nacionais e internacionais, incluíndo do European Research Council. Ademais de ser investigadora principal dun proxecto competitivo nacional, participou como investigadora en cinco proxectos competitivos nacionais, dez autonómicos, un proxecto europeo e cinco redes.
Dirixiu 15 traballos de fin de grao e proxectos fin de carreira, 13 proxectos de fin de máster e dúas teses de doutoramento (actualmente dirixe oito).
Premio Frances Allen á mellor tese de doutoramento realizada por unha muller en Intelixencia Artificial, concedido pola Asociación Española para a Intelixencia Artificial (2015) e Premio Dona Tic Revelación da Generalitat de Cataluña (2020). Tamén en 2020 foi seleccionada como Académica de Número da Academia Nova de España como recoñecemento á súa excelente traxectoria científica e profesional.
Destaca o seu compromiso co fomento da vocación científico tecnolóxica entre as nenas, coordinando o nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM e participando en numerosas actividades de divulgación.
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Los 6 clubs de lectura que llenan las librerías de Santiago: del casco histórico a O Castiñeiriño
- El ascenso del Obradoiro a la Liga ACB inyectará más de tres millones de euros a la economía de Santiago
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga
- La Xunta destina tres millones al Bono Emancípate tras superar las 3.600 solicitudes
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- O traspaso dunha licenza concedida hai dúas décadas permitirá construír 41 vivendas nun esqueleto inacabado en Ames