Volve a feira cabalar do San Martiño de Francos

Javier Ramos / Javier Rosende Novo

Volve a feira cabalar do San Martiño de Francos

A feira cabalar do San Martiño de Francos (Teo) volveu este luns, en medio dun espléndido sol, á carballeira onde se celebra dende hai centos de anos. Milleiros de persoas acudiron a unha das citas máis importantes do mundo do cabalo en toda Galicia, na cal, ademais de para os tratantes de gando equino, houbo espazo para as carpas das polbeiras, postos de artesanía e gastronomía, a música tradicional ou actividades para a cativada.

Tracking Pixel Contents