
Javier Rosende Novo
Conflito en Cacheiras: medra a preocupación pola planta de reciclaxe
A veciñanza de Cacheiras expresa a súa fonda preocupación ante un proxecto que, aseguran, rompería coa tranquilidade que define a zona e que levou a moitas familias a escoller este lugar para vivir. O paso constante de camións, o ruído e o po son algunhas das consecuencias que máis temen, nun entorno que ata agora identificaban coa calma, a natureza e a seguridade para criar os seus fillos. Nas entrevistas repítese unha mesma sensación: a de ver ameazado un modo de vida baseado na paz cotiá e no benestar. Más información



