
Suso Souto
Formoso reivindica en Boiro a importancia de apoiar o talento local e o emprendemento "máis alá das grandes cidades"
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, clausurou este xoves en Boiro a II Feira de Emprego de Barbanza, unha iniciativa que se consolida como punto de referencia no ámbito do emprego e o emprendemento na comarca.
Acompañado polo alcalde de Boiro, José Ramón Romero García, Formoso puxo en valor o papel de eventos como este para xerar oportunidades reais no territorio e combater o despoboamento: “O emprego é clave. Sen empresas e sen oportunidades laborais, o rural queda baleiro”, afirmou. Más información


