Ribeira convida a ‘pasear polo mar’ en sesenta maquetas de embarcacións

Suso Souto

Ribeira convida a ‘pasear polo mar’ en sesenta maquetas de embarcacións

O Liceo Marítimo de Ribeira acolle dende este sábado a exposición titulada Un paseo polo mar a través das maquetas, na que poden verse sesenta maquetas de todo tipo de embarcacións de diferentes épocas, moitas delas réplicas de naves históricas.

Foron construídas por Manuel Paz, Manuel Sampedro, Miguel Abraldes, Juan Varela e Juan Queiruga. Na mostra poden verse dende dornas ata palangreiros, mercantes, galeóns ou drakkars, pasando por unha chipironeira (orixinaria da costa vasca, usada para a captura de cefalópodos), así como réplicas do Santa Isabel (afundido en Aguiño en 1921), da galera La Real (buque insignia de Juan de Austria na Batalla de Lepanto de 1571), do HMS Bounty (barco de guerra da Mariña Británica, protagonista do motín de Tahití de 1789), ou do pesqueiro de Aguiño Cartagena Nº 3 (afundido o oito de abril de 1945).

Tracking Pixel Contents