Portosín reivindícase como «o porto de cerco máis importante de Europa»

Suso Souto

Portosín reivindícase como «o porto de cerco máis importante de Europa»

Centos de persoas asistiron este sábado a unha cita gastronómica na que as protagonistas foron as catro especies certificadas pola marca Azul de Portosín e que fan do sector do cerco un buque insignia de Porto do Son: a sardiña, o xurelo, a anchoa e a xarda.

Os chefs José Senande, do restaurante Muradana, e Manuel Neiro, do restaurante Albatros, cociñaron estas catro especies en base a suculenas receitas: anchoa con crema de millo e hinoxo de mar;xurelo mariñado en escabeche doce; e arroz de xarda. Ademais, os asistentes puideron degustar empanadas de sardiña. Todo elo por dez euros.

En total repartíronse unas 1.200 racións.

Tracking Pixel Contents