Taberneiras, comerciantes, zapateiros... Boiro abriu as Festas do Verán honrando a quenes o construíron durante xeracións

Suso Souto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Taberneiras, comerciantes, zapateiros... Boiro abriu as Festas do Verán honrando a quenes o construíron durante xeracións

O Concello de Boiro deu comezo este venres ás Festas do Verán 2026 por todo o alto co comercio tradicional da vila como colectivo homenaxeado este ano e protagonista do pregón.

A presentadora do acto, Leti da Taberna, recoñeceu a contribución destes negocios ao desenvolvemento económico, social e humano de Boiro ao longo de moitas xeracións.

Os protagonistas do pregón foron representantes de negocios como Noemi, A de Lola, A Taberna de María, A Taberna de Runs, A Casa do Demo, o bar Bocacho, A de Josefina, a ferretería de Gerardo ou o zapateiro.

Todos eles falaron da súa experiencia sacando adiante un negocio durante décadas, poñendo en valor o traballo diario de xeracións que contribuíron a construír un Boiro vivo e dinámico.

En canto á xornada deste sábado, centos de persoas asistiron ao mediodía á tradicional Festa da Malla, que tivo lugar na Praza de Galicia, amenizada por Xilbarbeira e Aroña. Más información

Tracking Pixel Contents