Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XORNADAS

Muros mira ao mar e mergúllase na súa esencia mariñeira

A programación inclúe mercado, música, gastronomía, obradoiros, exposicións e actividades para todos os públicos

Rivadeneira, esquerda, Monteagudo, Lago e González no acto inaugural.

Rivadeneira, esquerda, Monteagudo, Lago e González no acto inaugural. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muros

O Concello de Muros celebra ata o domingo pola noite as XXI Xornadas Mariñeiras ‘Muros mira ao mar’, este ano baixo o lema ‘Un mar de fala’.

O encontro ofrece un mercado mariñeiro, concursos, obradoiros, programación infantil e visitas guiadas. A gastronomía local é tamén protagonista, así como a música e as exposicións.

Na inauguración das xornadas participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González, e a concelleira de Promoción Económica, Laura Rivadeneira.

A música animou o acto inaugural de 'Muros mira ao mar'.

A música animou o acto inaugural de 'Muros mira ao mar'. / Cedida

María Lago destacou que serán tres xornadas festivas "para reivindicar con orgullo quen somos e de onde vimos", asegurando que "toda a veciñanza de Muros leva o salitre dentro e é un motivo de gran ledicia ver como estas xornadas son xa un referente, con milleiros de persoas que nos visitan".

A alcaldesa agradeceu "o traballo e o esforzo de todo o persoal do concello, que moitas veces non se ve pero é imprescindible para celebrar con éxito un evento como este".

Caridad González puxo en valor "a implicación de todo o tecido asociativo e da veciñanza para poñer en marcha Muros Mira ao Mar, neste ano cunha decoración moi especial polas rúas".

As rúas da capital local acollen unha decoración especial.

As rúas da capital local acollen unha decoración especial. / Cedida

En palabras de Laura Rivadeneira, "o que fai diferente a Muros é tamén o que lle dá tanto valor. O mar é traballo e tamén son palabras e memoria. O mar creou as súas propias palabras e temos que conservar esta riqueza da nosa fala", mostrando un agradecemento especial "ao persoal da Brigada de Obras polo seu traballo nestes días".

Tras a inauguración oficial co Orfeón Ría de Muros, celebrouse o faladoiro Un mar de fala, un encontro que puxo en valor dunha forma moi amena a riqueza da lingua galega vencellada ao mar, as expresións, palabras e xeitos de falar propios da tradición mariñeira que forman parte do patrimonio cultural e inmaterial de Muros.

Unha lingua vencellada ao mar

No faladoiro participaron Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega (RAG), e Vicente Brea 'Chente', mariñeiro muradán, que compartiron a súa visión sobre a importancia de conservar este legado lingüístico.

Durante tres días, o Curro da Praza acollerá unha programación que reunirá algunhas das propostas máis destacadas da música galega actual e da tradición popular: Sés, Tona, e o Festival Folclórico coa AF Ximiela (Muros), AC Rosalía de Castro (Teo) e Amendoeiras em Flor (Portugal).

Tracking Pixel Contents