
Suso Souto
As tropas dorneiras avanzan en Ribeira por terra, mar e aire
A Festa da Dorna de Ribeira chegou este luns ao seu ecuador. A troula, a retranca e a creatividade están no ADN dos dorneiros e dorneiras, que nesta cuarta xornada conquistaron a dársena tirándose á auga a bordo de aloucados artefactos.
No Jran Premio Ícaro de voo sen motor participaron este ano 34 peñas. Os nomes das agrupacións que dan vida a esta festa xa din moito do sentido do humor que a caracteriza: Ollomol en formol; As marajotas van de copas; Lorchos, lerchas e vivecersa; Xarda Sivil... Más información



