O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, asegura, nunha entrevista en EL CORREO GALLEGO, que, cos datos dos que dispón a Xunta, non se detectan na comunidade problemas de convivencia ou masificación causados polos turistas. No obstante, admite que existen "zonas sensibles, de especial concentración", nas que a Administración autonómica está "vixiante"