Desarrollo local participativo: os GALP
Os Grupos de Acción Local de Pesca (GALP) levan anos traballando no impulso socioeconómico do litoral de Galicia a través das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), financiadas con fondos europeos. Malia iso, moitas veces o seu traballo dinamizador da costa non é suficientemente coñecido na sociedade.
Para explicar ben todo ese traballo, o foro reúne a toda a cadea de actores desta estratexia, desde a administración ata os particulares. É o caso de Marta Villaverde, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta; José Antonio Pérez, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores; Manuela Oviedo, xerente do Galp Costa Sostible, que abrangue desde Porto do Son a Fisterra; e Carlos Gil, CEO de Maremasma, unha empresa de lecer marítimo da costa de Lugo nacida, precisamente, ao amparo dos GALP. Más información



