
Mozas contra veteranos: así se enfrontan dúas xeracións de regueifeiros en Galicia
A escusa era a estrea en Santiago do documental Ao son da nova regueifa, dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas e que opta a un premio Mestre Mateo. Pero o certo é que o pase no Auditorio de Galicia acabou converténdose nunha festa interxeracional de exaltación da regueifa, a tradición oral, a cultura e o idioma. Foi algo improvisado (ou non)... que ao fin e ao cabo é a esencia de regueifar.



