El Correo Gallego

Noticia 9 de 261 noticia anterior de Hoy es noticia Vídeos » Hoy es noticia

Aberta a capela ardente de Fernández Albor en Boisaca

A familia do expresidente amosou o seu desexo de pasar estes momentos na intimidade.

CORREO TV-SANTIAGO DE COMPOSTELA  | 12.07.2018 
A- A+

As catro da tarde quedaba aberta a capela ardente de Xerardo Fernández Albor no tanatorio de Boisaca. A familia do expresidente amosou o seu desexo de pasar estes momentos na máis estricta intimidade intimidade. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo foi das primeiras persoas en achegarse a darlle o pésame á familia. Fixoo acompañado do vicepreside Alfonso Rueda, do voceiro parlamentario popular, Pedro Puy e do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.Mañá, ás 11:15 da mañá terá lugar unha misa funeral antes de seren enterrado no cemiterio de Boisaca. Está previsto que se celebre un funeral institucional ao longo deste mes de xullo.