El Correo Gallego

Noticia 8 de 271 noticia anterior de Hoy es noticia Vídeos » Hoy es noticia

Composteláns e turistas opinan sobre o cobro para ver o Pórtico

Moitos visitantes aseguran que pagarían para ver a obra do Mestre Mateo, outros consideran que se están a poñer demasiados atrancos para visitar a Catedral // Entre os composteláns tamén hai opinións divididas

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 13.09.2018 
A- A+

Xa se dá por feito que a partir de novembro, cando se volvan iniciar as visitas ao Pórtico da Gloria, haberá que pagar para ver a obra do Mestre Mateo, tal e como explicaron dende a Fundación Catedral. Aínda se está a traballar nese asunto pero barallase cobrar un prezo de entrada similar ao doutras visitas a outros puntos do tempolo como son as cubertas, é dicir uns 12 euros.

Saímos á rúa para coñecer a opinión tanto dos composteláns como dos turistas.