El Correo Gallego

Noticia 91 de 357 noticia anterior de Hoy es noticia Vídeos » Hoy es noticia

Núñez Feijóo inaugura os actos centrais do 25 aniversario do CGAC

Asevera que este singular edificio segue a cumprir as súas dúas funcións máis importantes: ser dínamo e escaparate da produción artística galega; e achegar a cultura a todos os galegos

XUNTA DE GALICIA/CORREOTV  | 28.09.2018 
A- A+

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a vocación vangardista e aperturista do Centro Galego de Arte Contemporánea e o seu compromiso nestes 25 anos co talento artístico de Galicia.

Durante o acto de apertura da celebracións do 25 aniversario, Feijóo aseverou que este singular edificio deseñado por Álvaro Siza segue a cumprir as súas dúas funcións máis importantes: ser dínamo e escaparate da produción artística galega, particularmente no eido das artes visuais; e achegar a cultura a todos os galegos, aproximando as expresións artísticas dos nosos días a capas cada vez máis amplas da poboación.

“Máis alá da condición efémera dunha parte da produción contemporánea, a arte de hoxe é o patrimonio de mañá. E, en consecuencia, temos o deber de impulsala, apoiala e conservala”, dixo, incidindo en que este é o cometido do CGAC, un museo cuxo prestixio transcende a cartografía e no que teñen cabida todos os artistas: desde creadores noveis ata figuras reputadas; e, desde artistas galegos ata creadores internacionais.

O responsable do Executivo autonómico subliñou o compromiso do centro por traballar para ser útil ao ecosistema cultural e á sociedade; así como a súa aposta polo rigor e a seriedade na súa xestión, converténdoo nun dos máis influentes do país.

Nesta liña, Feijoo quixo destacar a intensa labor desenvolvida polos traballadores e por todos os directores que encabezaron este museo desde a súa posta en marcha.