El Correo Gallego

Noticia 126 de 393 noticia anterior de Hoy es noticia Vídeos » Hoy es noticia

A xestión dos servizos públicos a debate na Cámara de Comercio

A entidade organizou unha xornada con varios expertos para tratar sobre os modelos de prestación dos servizos públicos por parte das administracións

CORREOTV  | 03.10.2018 
A- A+

O modelo de xestión dos servizos públicos supón un debate de suma actualidade. E é que corren tempos nos que a remunicipalización de servizos, como poden ser a recollida do lixo ou o saneamento está á orde do día.

Co obxectivo de esclarecer algunhas cuestións arredor deste tema a Cámara de Comercio celebrou aunha xornada baixo o título “Modelos de xestión na prestación dos servizos públicos”.

Un foro de debate que foi inaugurado polo presidente da entidade, José Sierra, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Nas mesas redondas participaron expertos como María Cadaval, Doutora en economía aplicada; Francisco Caamaño, exministro de Xustiza; Luis Miguez Macho, catedrático de Dereito Administrativo e Concepción Campos Acuña, Doutora en Dereito e secretaria de Administración Local no Concello de Vigo.

Na outra mesa estiveron Ramiron Aurin, Director Xeral do Observatorio dos Servizos Urbanos; Valeriano Gómez, ex-ministro de Traballo; Susana Rodríguez Escanciano, Catedrática de Dereito do Traballo e Gustavo Vargas, resposable de UGT FICA sector da auga.

A pregunta clave da xornada, á que asistiron numerosas caras coñecidas, entre elas representantes de todos os grupos políticos da corporación compostelá, foi “Como debe decidir a administración pública o modelo a seguir para a xestión dos servizos? Asumilos directamente ou indirectamente a través de empresas privadas?.