praza do Obradoiro loce dende este mércores un valado provisional que protexe as obras de reparación do empedrado que está a realizar, como é habitual, o Consorcio de Santiago. Coincide co lugar no que o pasado 8 de maio a orquestra Panorama montou o seu escenario. Ao día seguinte a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego e veciñanza denunciaban que a praza amencera con pedras soltas e rotas, e indicaban directamente ao feito de que o empedrado tivese que soportar un tráiler tan pesado coma o que contén o escenario desta orquestra.

O Consorcio rematou por considerar máis convinte realizar os labores de rehabilitación cun morteiro específico, esa é a razón de que agora se retomen estes labores unha vez chegado o material necesario para unha mellor reparación do empedrado.