As pedras fanse verso nos xardíns do Pazo de Fonseca

Javier Rosende Novo

As pedras fanse verso nos xardíns do Pazo de Fonseca

Xardín das Pedras que Falan, a zona verde máis céntrica da capital galega ubicada no Pazo de Fonseca, conta con tres novas rochas que gardan, neste caso, os versos do poeta galego Uxío Novoneyra, do brasileiro Tenório Telles e da coreana Moon Chung-Hee. O descubrimento das pedras inscritas foi un acto que contou coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, do reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e de membros da Corporación municipal xunto á viúda de Novoneyra, Elba Rey, e á poeta surcoreana Moon Chung-Hee –cuxos versos se incorporaran xa a unha das pedras do xardín en 2023–. 

Tracking Pixel Contents