O Concello de Santiago apoia a causa palestina: Sanmartín subliña que "do que temos que falar con Israel é de pedirlle que pare"

Javier Rosende Novo

O Concello de Santiago apoia a causa palestina: Sanmartín subliña que "do que temos que falar con Israel é de pedirlle que pare"

A exposición "Unha ollada sobre Palestina", que conta con 22 fotografías cedidas por Hosny Salah, xornalista e fotógrafo palestino que documenta o sufrimento en Gaza, exhibirase en varios centros socioculturais de Santiago de Compostela para "concienciar" sobre esta "terrible" situación. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, visitou a mostra, acompañando a representantes de Compostela por Palestina nun acto no que aseguraron que o Concello de Santiago apoiará "todas as iniciativas que axuden" a reflectir a situación e a achegar "un gran de area para visibilizar a terrible situación de Palestina".

Tracking Pixel Contents