
Emma Sánchez Arca
Música e poesía para festexar a mensaxe “aínda viva” de Rosalía de Castro en Santiago
O sol converteu este luns no mellor do que vai de febreiro, poñendo un broche de luz ao 189 aniversario do nacemento da poeta galega máis universal, Rosalía de Castro, que viña ao mundo na Praza de Vigo cando esta parte do Ensanche era aínda Concello de Conxo. E foi alí a onde un ano máis se levaron flores e o alumnado de 4º de primaria dos colexios Cluny e Quiroga Palacios recitou, regueifou e cantou os versos da poeta.



