Unha ruta pola cidade amosa os retos de Compostela en materia de accesibilidade

Javier Rosende Novo

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Unha ruta pola cidade amosa os retos de Compostela en materia de accesibilidade

A plataforma Compostela accesible, xa! nace este mes de abril co obxectivo de reclamar unha cidade máis segura, inclusiva e accesible para a veciñanza e tamén para quen visita Santiago. Nun percorrido polas rúas da cidade, denunciaron problemas que seguen presentes no día a día: beirarrúas sen rebaixar nos pasos de peóns, pedras mal colocadas, baldosas deterioradas, musgo no chan ou alcantarillas difíciles de atravesar cunha cadeira de rodas. A plataforma lembra que a accesibilidade non afecta só ás persoas con mobilidade reducida, senón tamén a persoas cegas, con problemas auditivos ou con outras discapacidades.

Tracking Pixel Contents