A Xunta retoma o expediente sancionador polos peixes mortos no río Furelos en 2019

Xustiza
Claudina Estévez
Río Furelos, Melide. Foto: Galicia Máxica

Melide. A Xunta de Galicia retomará o procedemento sancionador iniciado no verán do ano 2019 a raíz da mortalidade de miles de peixes no río Furelos, en Melide, provocada por unha serie de verteduras procedentes do polígono da Madanela, localizado no mesmo municipio. A decisión prodúcese pouco despois de que o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa lle notificara ao Goberno galego o arquivo da causa penal derivada da denuncia interposta no seu día polo Concello de Melide a raíz destes mesmos feitos.

Así e unha vez sobreseído o procedemento xudicial por falta de bases para sustentar un suposto delito ecolóxico ou contra a saúde pública, a Administración autonómica pode continuar agora co expediente iniciado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en xullo de 2019 e que quedara temporalmente suspendido, á espera dunha resolución firme por parte da Xustiza. c.e.