Extinguido o incendio de Rois logo de queimar 25 hectáreas

incendio forestal
C.G.
Un momento do incendio de Rois. Foto: C.G.

Rois. O incendio rexistrado no concello coruñés de Rois, na parroquia de Leroño, deuse por extinguido ás 11,45 horas deste martes, segundo informa a Consellería do Medio Rural sobre un lume que comezou o luns ás 16,26 horas.

Segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 25 hectáreas, das cales 23 corresponden a monte arborado e os dous restantes a raso.

O lume declarouse onte ás 16.26 horas tal e como indicaron fontes de Protección Civil. Sopraba vento do nordés, o que fixo que as chamas se extendesen.

Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un número anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria: 900 815 085. Toda a información actualizada pode seguirse na conta de twitter: @incendios085.

EUROPA PRESS/C.G.