Case 6.000 persoas na Romaría das Virtudes de Vitre, na vila de Frades

Festas
Claudina Estévez
Pasaron por Vitre preto de 6.000 persoas. Foto: C. Frades

FRADES. Preto de 6.000 persoas de toda a provincia participaron na tradicional Romaría das Virtudes, que se celebra cada ano na parroquia de Vitre (Frades) organizada pola comisión de festas da asociación de veciños San Juan de Vitre e coa colaboración do Concello fradense. A romaría contou co tradicional traslado da Virxe, procesión, música e xantar. Os fieis pasaron tamén por debaixo da imaxe da Virxe das Virtudes. c. e.