Desmantelan un Arquivo Histórico de Oroso que integraba case dez mil documentos dende 2012

Servizos municipais
C.G.
Un dos armarios do Arquivo Histórico de Oroso, hoxe baleiro. Foto: AHO

Oroso. Manuel Pazos, creador e responsable do Arquivo Histórico de Oroso, denuncia o “desmantelamento” do servizo, composto por uns 10.000 documentos, maioritariamente imaxes, que foi recopilando dende o ano 2012. Pola súa banda, dende o Concello lembran que segue a ser traballador, e que sacouse a concurso (oposición libre) a praza de auxiliar de biblioteca que ostentaba debido a unha sentenza.

Así as cousas, Pazos califica de “perda irreparable” a do arquivo, xa que “as fotos en papel e outros documentos neste soporte devolvéronse aos seus propietarios, tamén as fotos cedidas e doadas”, mentras que os documentos en soporte dixital “foron eliminados, pois as persoas que cederon, prestaron ou doaron as fotografías e outros documentos fixérono para que se utilizase exclusivamente no Arquivo de Imaxes e a través do seu responsable, Manuel Pazos; polo que os fondos deste arquivo non pasan a ningún outro”.

O goberno local insiste en que cumpre a lei, e que “todas as accións levadas a cabo por Manuel Pazos no mesmo foron como empregado municipal e durante o seu horario laboral”, puntualiza. C.G.