Destacan na Estrada a aposta do Goberno pola variante N-640

José Miñones exemplificou o compromiso polo municipalismo con proxectos de 12 millóns
Inversión publica
María Rendueles
Pola esq: José Campos, José Miñores e Maica Larriba, no Concello da Estrada. Foto: Sangiao

O delegado do Goberno en Galicia exemplificou este mércores, nunha visita ao Concello da Estrada, o compromiso do Executivo central co municipalismo e avanzou a aposta pola variante N-640 na que os Orzamentos do Estado para 2023 asignan unha partida de medio millón. “A Estrada é un exemplo de como o Goberno aposta por mellorar os servizos públicos e a calidade de vida de todos os galegos e galegas, no marco da aposta do Executivo por facer chegar o Plan de Recuperación a cada recuncho do país”, asegurou Miñones.

O delegado desprazouse ata a A Estrada xunto coa subdelegada, Maica Larriba. Alí, mantivo unha reunión co alcalde, José Campos, para abordar os investimentos estatais no municipio e coñecer as súas demandas. Tras anunciar que A Estrada é un dos 8 concellos da provincia que poden optar, xunto coa Diputación, ás novas subvencións para a dixitalización, Miñones lembrou que na convocatoria de 2022, o Ministerio de Política Territorial abriu estas axudas a municipios de entre 20.000 e 50.000 habitantes e puxo ao dispor do territorio galego unha inxección de 12 millóns.

O representante do Estado detallou que no caso da Estrada, poderá beneficase dunha subvención de 140.900 euros. Tamén mencionou outros investimentos do Goberno no municipio, como a variante N-640, “unha obra de vital importancia para a localidade e a provincia e coa que o Goberno está comprometido”. Finalmente avanzou que A Estrada está incluída nas dúas convocatorias -2021 e 2022- de dotación de internet de alta velocidade.