Excarcerado tras colidir en Ordes contra outro turismo

O.D. Vilar
A N-550 ao seu paso pola localidade de Leira, no Concello de Ordes, onde se rexistrou a colisión. Foto: MG

Unha persoa tivo que ser excarcerada en Ordes tras producirse un choque frontal entre dous turismos, este ventes ao fío das oito da mañá.

O 112 Galicia recibiu a alerta dun accidente no lugar de Leira, na estrada N-550. A esa hora, unha testemuña do choque chamou ao 112 para solicitar asistencia médica e axuda para unha persoa que non podía saír dun dos coches ao estar atrapada entre o volante e o asento do mesmo.

Desde o CIAE-112 informouse aos Bombeiros do concello, ao 061 e aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Ademais, tamén se lle comunicou ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.

Ao finalizar a intervención no punto, os Bombeiros confirmaron que tiveron que excarcerar a un home para que puidese ser trasladada ao centro hospitalario de referencia. No outro vehículo tamén resultou ferida leve unha persoa.