Éxito absoluto na celebración do primeiro Campamento Sénior

Esta iniciativa levouse a cabo por primeira vez no Concello amesán e tivo unha gran acollida por parte dos maiores // Celebrouse os xoves do pasado mes e nel ensinóuselles aos asistentes lugares únicos do termo municipal
Actividades de lecer
Pedro Brea
Integrantes do primeiro Campamento Sénior que acolleu o Concello de Ames para os seus maiores. Foto: CDA

O xoves 1 de xullo inaugurábase o Campamento Sénior Amessán cunha visita a Pontemaceira. Dende entonces, cada semana os veteranos e veteranas gozaron da excursión pola Ruta de Ríamontes, iniciándose na práctica da marcha nórdica, da visita ao Fogar do meu burro e da ruta da Andoriña. A última saída foi o pasado xoves 29 de xullo na que se realizou unha ruta circular por Bertamiráns. A xornada rematou cun almorzoo no Pazo da Peregrina.

Así pois, Luísa Feijóo, concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, asegurou que: “Este ano, tan complicado para todos e todas e en especial para os nosos maiores, non quixemos despedir o curso de Amessán sen organizar algo especial no que puideran disfrutar do noso concello con actividades grupais e ao aire libre”. Así naceu esta I edición dos campamentos senior Amessán na que percorreron diferentes rutas, probaron actividades como a marcha nórdica ou a asunoterapia, realizaron exercicios de mobilidade ao aire libre a vez que compartiron risas, conversas, asembleas e mesmo un almorzo, actividades para espreguizar ao corpo e maila mente. Ademais, Feijóo admitíu que: “Na clausura tomamos boa nota das propostas que nos fixeron para o vindeiro curso no que, se a situación sanitaria o permite, levaremos a cabo sen dúbida algunha”.

Deste xeito, o Concello de Ames continúa coa proposta de coidar dos rapaces e rapazas pero tamén dos nosos maiores. Este tipo de actividades fomentan a salubridade dos veteranos e veteranas das vilas e, a maiores, instauran bos hábitos e fomentan a cohesión social nun sector no que as relacións interpersonais son de vitl importancia para a saúde mais para o desenvolvemento do aparello cognitivo.