SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Faría un instituto novo ou ampliaríao”

Joanna Balsa, dependiente en Milano
Se eu fose alcaldesa
Pedro Brea

Residente en Bertamiráns, solteira, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Pois creo que o Concello debería facer máis iniciativas para os rapaces e rapazas de idade adolescente, xa que creo que as que hai actualmente non son demasiado atractivas. Ademais de fomentar outras dirixidas a xente máis maior. Por outro lado, creo que debería haber mellores institutos, un máis ou polo menos ampliar o xa existente, dado que somos moitos e vanse acabar quedando pequenos. Por último, melloraría as comunicacións con Santiago como co resto de vilas do concello.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de residir aquí é a tranquilidade mailas zonas verdes, xa que hai sitios de abondo onde poder pasear e onde desconectar do traballo unha vez saes del; creo que iso é unha gran vantaxe.

E o que peor lleva?

O que menos me gusta de vivir aquí, son as malas comunicacións existentes co transporte metropolitano. Se resides en Bertamiráns e non tes coche non hai apenas alternativas para desprazarse a Santiago ou ao Milladoiro. Ademais agora cos cambios de rutas e de concesións os horarios son inexactos, non hai onde consultalos... En resumo, o peor de vivir aquí son as comunicacións.