Se eu Fose ALCALDEsa ...

... “Faría unha pista de tenis preto da piscina”

Sara Méndez, profesora
Se eu fose alcaldesa
Pedro Brea

Residente no Milladoiro, solteira, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Pois a verdade que o primeiro que faría para mellorar a vida no Milladoiro teñoo moi claro: sen dúbida, o sistema de autobuses, xa que considero que hai poucos durante o día, conforme os que pasaban ca empresa anterior, e ademais penso que son bastante caros para o traxecto que fan de apenas cinco quilómetros. En segundo lugar, cambiaría as zonas verdes porque apenas hai e son moi necesarias no día a día dunha vila con tanto neno e tanta poboación. Por último, poría unha pista de tenis preto da piscina municipal, xa que así despois poderías irte dar un baño.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que más me gusta de vivir no Milladoiro é a cercanía que temos con Santiago, dado que estamos moi preto do centro e se queremos ir en calquer momento apenas temos cinco minutos até o centro da cidade.

E o que peor leva?

Por último, o que menos me gusta de vivir no Milladoiro é o prezo dos autobuses e as escasas zonas verdes que hai na cidade. Ademais de que non hai demasiadas instalacións deportivas que non estean adicadas ao fútbol ou ao baloncesto, e hai moitos máis deportes alén de tan só eses dous.