Feirauto amosa en Baio cen vehículos de ocasión

Vehículos de ocasión
C.G.
Un momento de Feirauto este venres. Foto: F.F.

Zas. Feirauto celebra dende este venres en Baio, Zas, o seu 25 aniversario cunha nova edición dunha das feiras de coches máis antigas de Galicia. E por ser unha data especial, nesta 50 edición, os talleres participantes exporán o seu stock de vehículos na Praza Jorge Mira Pérez de Baio ata o domingo.

Haberá arredor de cen vehículos de gama media-alta de diferentes tipos (eléctricos, híbridos, diésel, gasolina), e modelos (comerciais, SUV, familiares, deportivos ...). Ao igual que nas pasadas edicións, durante estes tres días de feira ofreceranse importantes descontos e facilidades para a financiación. Todos os vehículos están revisados, contan con 12 meses de garantía e a súa entrega é inmediata. Con motivo da feira, a zona de aparcamento da nova praza e a rúa Herbais da Ponte estarán pechadas ao tráfico rodado. C.G.