Formación para 75 desempregados na capital do Xallas

Formación
M. Outeiro
Multiusos de Santa Comba, onde poden recabar máis información sobre os cursos de formación. Foto: CG

Xallas. O Concello de Santa Comba formará a 75 desempregados en cinco cursos do Plan AFD 2021/2022 dirixidos ás persoas desempregadas para a súa inserción laboral. Levaranse a cabo grazas a unha axuda de 97.380 € concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade e alongaranse do vindeiro mes de novembro ata xullo de 2022. Son, en concreto, a actividade de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (nivel 1); a de Organización e Xestión de Almacéns (nivel 3); Competencia Matemática N2; Comunicación en Língua Castelá N2 e Comunicación en Língua Galega N2. Máis datos chamando ao 663728782 (técnico) ou 663728920 (orientadora). M. outeiro