Co programa de axudas Cheque Dixital, cun investimento de 4 millóns de euros, a Xunta aspira a chegar a máis de mil pemes e autónomos // Os interesados en optar a estas subvencións teñen ata o 30 de setembro para facelo TEXTO Claudina Estévez

Forte aposta pola dixitalización na cultura empresarial galega

Dixitalización
Claudina Estévez
Pola esquerda, Fernando Guldrís, Francisco Conde e Gonzalo Redondo, onte na empresa D3 Applied Technologies. Foto: Xunta de Galicia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitaba onte en Ames D3 Applied Technologies, unha empresa que desenvolve solucións de I+D+i para a industria naval desde hai unha década, actividade que a fai ser un exemplo de como gañar en competitividade a través de proxectos de innovación entre sectores estratéxicos da economía galega.

Exemplo diso son algunhas das propostas que ten entre mans actualmente, como son o desenvolvemento de solucións para mitigar a néboa en estrada, co Grupo Puentes; ou para a dispersión de contaminantes en zonas marítimas, co Porto da Coruña e Novotec. Unha aposta, a da I+D+i, que fará consolidarse a D3 Applied Technoligies como un referente na industria naval e ampliar o seu ámbito de actividade ao sector aeronáutico, civil e industrial.

Co programa de axudas Cheque Dixital, que conta cun investimento de 4 millóns de euros, o Goberno galego aspira a chegar a máis de 1.000 pemes e autónomos (poñendo especial atención no rural), e favorecer así a competitividade a través do fomento de proxectos no eido da dixitalización.

Esta iniciativa cubre desde a habilitación de sistemas de control de aforo nas empresas beneficiarias ata outro tipo de melloras como mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación no móbil ou a aplicación de solucións de conectividade.

Cheque dixital A prioridade deste programa é a reactivación do tecido empresarial galego a través da transformación tecnolóxica e do impulso aos procesos de dixitalización, apoiando proxectos que promovan a súa adaptación á situación creada pola pandemia sanitaria.

As axudas cubrirán dende a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da COVID ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación en b, automatización de procesos regulados, ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade.

Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pymes e non estén nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria. Os gastos realizados deberán ascender a un mínimo de 1.500 euros, chegando a un máximo de 12.000 euros, e cubrindo a liña ata o 80 % do custo dos proxectos, coa posibilidade de obter un anticipo da metade do presuposto. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro.

A Empresa D3 Applied Technologies, no Milladoiro, está formada por un grupo de científicos, enxeñeiros e colaboradores externos con experiencia no seu campo de especialización. “Nuestra apuesta por los métodos numéricos y la simulación es enorme, tanto desarrollando metodologías de diseño de última generación como invirtiendo en equipos de supercomputación para potenciar el rendimiento de nuestros diseños y los de nuestros clientes”.