Kaydy Cain: cabeza de cartel do Rompentiño

Festival de cultura urbana
Pedro Brea
Imaxe do malagueño Delaossa Picasso, unha das cabezas de cartel do sábado. Foto: DP

Como tódolos anos, o festival de música urbana por excelencia chega a Porto do Son e con el, os nomes protagonistas da escena musical española reúnense en Galicia. Nesta edición, marcada pola pandemia da Covid 19, visitarán a vila mariñeira artistas comon Kaydy Cain, Mayo 214, Delaossa Picasso, Dirty Porko ou Israel B entre moitos outros. Deste xeito, o rap mailo trap conseguen impoñerse á crise xerada polo virus e demostrar que levar a cabo unha cultura segura é posible. Asi pois, na edición deste ano vanse aplicar unha serie de medidas de seguridade para garantir que o Rompentiño se poida realizar con normalidade, pero de ningún xeito van a impedir que o rap mailo trap asolaguenpor completo a península do Barbanza.

O venres 3 de setembro dará comezo o festival ás 15.00 da tarde cunha Rock Session que copará até as 17.00, momento no que terán inicio as actuacións dos artistas urbanos como J Dose ou Dirty Porko, entre outros. O prato forte do día e do festival será as 23.00 horas coa actuación de Kaydy Cain, artista que conta con máis de millon e medio de oíntes mensuais en Spotify e que fixo colaboracións con músicos, entre eles Rosalía, gañadora de varios premios Grammys, e Rels B.

Kaydy cain. Daniel Gómez Carrero, conocido profesionalmente como Kaydy Cain, ten 30 anos e é natural do barrio madrileño de Opañel, en Carabanchel. Antes de adoptar o personaxe de Kaydy Cain e participar activamente na explosión do trap nacional xunto coa PXXR GVNG, Daniel Gómez xa facía música rap cun estilo underground moi marcado. O son deste madrileño sempre foi fresco e innovador, reinventándose constantemente, ata o punto de que coa Mafia del Amor deulle a volta ao xénero e creou unha vertente propia: “El estilo del barrio obrero”. Deste xeito, e sempre co afán de seguir explorando seus límites, ben en solitario ou ben coa PXXR GVNG, la Mafia del Amor ou Los Santos, Kaydy Cain tocou, explorou e mezclou unha infinidade de estilos musicais diferentes, facendo dende cancións dun trap mais urbano ata reggaeton, dancehall e salsa.

Daniel Gómez comezou a súa carreira en solitario no ano 2017 cando se separou de Yung Beef e Khaled. Dende aquel momento, a súa proxección foi meteórica, ata tal punto que, o ano pasado traballou como coautor no tema de Rosalía Juro que e axudou a que este chegase a unha audiencia máis diversa e ampla. No referente a este ano 2021, Kaydy, acaba de sacar un novo traballo titulado El juguete de tu muñeca. Cain está nunha etapa trascendental, tanto na súa vida persoal como profesional, xa que o artista madrileño acaba de ser pai, feito que lle fíxo adaptar un novo prisma do que é a súa música, facendo que poña máis empeño nela e esté “cada vez mucho más currada”.

Mixtape. O último traballo de Kaydy Cain chámase El juguete de tu muñeca e está composto por sete cancións: Hollywood, I Don’t Sleep , Si no me das tu corazón te lo robo, No es X ti, Todo y Nada, El juguete de tu Muñeca e Serena Williams. O título da mesma nace da temática que ten o traballo, xa que a meirande parte das cancións son de reggaeton e basadas en feitos e historias reais, porque estas contan unha historia de amor entre dúas persoas que non poden estar xuntas. Así pois, o título débese a que o artista quixo facer un paralelismo entre a historia que contan as cancións e o feito de haber creado un xoguete de sí mesmo. Feito curioso, o de crear un boneco propio, que naceu, tal e como contou Daniel nunha entrevista para Shangay, dunha maneira moi aleatoria e casual, xa que “fue una idea que surgió de mis locuras. Hace tiempo me compré una máquina 3D, y con unos amigos artistas de Barcelona empezamos a hacer cosas, como una impresión mía. Me parecía otra manera interesante, y con gracia, de contar mi historia”, dixo Kaydy.

Ideais. Sempre se dixo que o reggaeton é un xénero musical machista e homófobo, na maioría dos casos, xa que existen excepcións como é o caso de Kaydy Cain, quen dende un principio logrou que a súa música empatizase e conectase máis co colectivo LGTBI. Cando se lle pregunta acerca de isto ao artista de Carabanchel, responde o seguinte, “la conexión se dio desde nuestros inicios (como Pxxr Gvng). Es verdad que éramos unos chavales que hacíamos música más de gueto, pero tuvimos la suerte de que mucha gente homosexual nos entendiera, más que la heterosexual. Ese público siempre ha sido mucho más abierto de mente a la hora de acercarse a nuestra música. El apoyo siempre lo he sentido, éramos conscientes de él. En nuestro mundo del trap, lógicamente, hay gente homosexual, y yo, por suerte, me crié con unos padres bastante avanzados; nunca ha supuesto para mí un conflicto moverme con personas gais. De hecho, gente homosexual que creció con nosotros tuvo muchos problemas, de los que éramos conscientes, y quizá por eso nos juntábamos, para apoyarnos frente a mentes mucho más cerradas”, declaró Daniel Gómez Carrero.

Rompentiño. Kaydy Cain, xa consagrado como un dos maiores referentes da música urbana, chega a edición do Rompentiño 2021 como cabeza absoluta de cartel e preparado para romper o escenario ao longo dunha hora. O artista madrileño vén coa súa última mixtape e co single Sugar Daddy, temas que aúnan o trap, o reggaetton, o dancehall e ata ritmos latinos como a salsa e o merengue entre outros moitos.

Kaydy Cain actuará o venres día 3 de setembro ás 23 da noite, xusto despois de DJ Mil e coas actuacións de Mayo 214, Face e Dirty Porko xa rematadas, sendo el quen lle porá o broche de ouro a sesión do venres e, quen sabe, se presentará algunha novidade ás que é tan propenso no primeiro día do festival sonense.