As familias do alumnado do CRA de Valga e os veciños doaron comida e produtos de limpeza para axudar a persoas en risco de exclusión social

Media tonelada de alimentos para as familias desfavorecidas

Acción solidaria
Javier Salutregui
Un grupo de alumnos e alumnas do CRA de Valga cantando panxoliñas na rúa. Foto: CV

O Centro Rural Agrupado (CRA) de Valga, representado polo seu director, Adrián Baloira, entregou na mañán do pasado 21 de decembro máis de media tonelada de alimentos e produtos de hixiene que foron recaudados no marco da iniciativa Nadal Solidario, posta en marcha polo centro educativo co obxectivo de apoiar ás familias máis desfavorecidas do municipio no Nadal.

Os produtos foron doados polas familias dos alumnos do CRA e por moitos veciños das aldeas cercanas, entre elas Campaña, Vilarello, Forno, Ferreirós, Xanza e Chenlo. Para divulgar a iniciativa e animár á xente a participar, o alumnado saíu a cantar panxoliñas pola contorna das súas respectivas escolas. A resposta da xente non se fixo esperar: en apenas dous días xentaron máis de 500 quilos de pasta, legumes, aceite, leite, turrón, marmelada, galletas, conservas, cereais e azucre, entre outros moitos alimentos.

Por outra parte, o acto de entrega tivo lugar no salón de plenos, onde se xuntaron os produtos depositados nas seis escolas do CRA. Asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros de Educación e Cultura, Carmen Gómez e Pedro Calvo. Todos os produtos serán clasificados polo departamento municipal de Servizos Sociais para a súa posterior entrega ás familias de Valga sen recursos, en situación ou risco de exclusión.