Muros-Noia amosou o potencial da súa ruta marítima hacia Santiago

Fitur 2022
María Cano
Gonzalo Trenor, ao fondo, na presentación do camiño marítimo. Foto: Asoc. Ría Muros-Noia

noia. O alcalde noiés, Santiago Freire, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, foron os encargados de explicar en Fitur as peculiaridades do Camiño marítimo da ría de Muros-Noia, que reúne navegación (mínimo 90 millas náuticas) e un pequeno percorrido final a pé, que o converte nunha experiencia única. Este camiño marítimo pódese facer en barco propio, selando a credencial en cada porto para dar constancia do traxecto, ou tamén enrolándose nos barcos de empresas como Sailway, sen que sexa necesario ter coñecementos previos de navegación.“Praias espectaculares, paisaxes únicos, unha importante riqueza histórica chea de cultura e tradicións, unido a unha excelente gastronomía, fan que cada ano sexan máis os turistas que se animan a descubrir este espazo do sur da provincia”, recalcou Gonzalo Trenor. M. C.