O polígono da vila amesá experimentou ao longo da última década unha evolución propia das grandes vilas industriais// No parque empresarial alóxanse empresas de todo tipo pero, sobre todo, destaca o incremento do sector software TEXTO P. Brea

O Novo Milladoiro: berce do sector tecnolóxico de Galicia

Suelo industrial
Pedro Brea
Vista aérea do Polígono do Novo Milladoiro, na que se aprecia gran parte dos problemas tratados. Foto: ECG

A historia do Polígono do Milladoiro está ligada dun xeito diretamente proporcional á da vila. É por iso que co paso do tempo e coa grande evolución que está a sufrir a cidade amesá, o parque empresarial non se pode quedar atrás. Ao longo de varios anos a actividade comercial da zona foi mais ben discreta pero, co crecemento poboacional tan drástico que se experimentou na zona ao longo do último lustro, a presenza empresarial multiplicouse. Así pois e dende xa hai tempo, a infraestrutura existente comezou a quedarse pequena para a gran afluencia de xente e transporte que alberga. Asi pois, a principal problemática coa que conta esta zona industrial é que debido á eclosión urbanística que experimentou O Milladoiro, esta quedou integrada coa zona urbana, presentando deste xeito unha serie de inconvenientes, tanto para o sector empresarial alí presente como para o resto da poboación da vila.

inconvenientes. As principais desvantaxes que existen a día de hoxe son referentes a salubridade da zona e ao tamaño da mesma. Así é que o Concello aprobou unha serie de medidas para facilitar a mobilidade no parque empresarial, tal e como dixo Blas García, o alcalde, “o aparcamento vaise ampliar en 100 prazas na rúa Castiñeiras, imos pasar de 48 a 104 prazas no primeiro tramo e de 40 a 60 no segundo ao aproveitar as zonas de vexetación”. Con esto dende o Consitorio pretende solventar as imaxes destes últimos anos nas que os coches víanse na obriga de aparcar enriba das beirarrúas debido a falta de espazo. Por outro lado e, sen dúbida, o maior problema co que conta a zona é o acceso ata o parque, xa que actualmente este é caótico e complicado. Con todo o Ministerio de Fomento deseñou un plan alternativo ao do Concello para poder subir á zona sen necesidade de pasar pola glorieta da SC-20. Solución que non convence a Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro, xa que a consideran de non efectiva.

ampliación. Doutra banda, debido ao incremento incesante de empresas que instalan as súas dependencias no polígono, a construtora Santiago Sur comezará unha intervención na que se lle engadirán catorce naves industriais de entre 700 e 2000 metros cadrados. Estas situaranse na intersección da rúa Palmeiras coa rúa do Buxo e pretenden dar cabida á gran demanda de espacios laborais no parque empresarial. Deste xeito a construtora da cabida a un espacio que levaba varios anos descoidado e sen proxectos adxudicados. Ademais, o concello amesá consegue deste xeito aumentar a presenza de empresas na zona.

O Milladoiro pasa así de ser unha cidade dormitorio a todo un núcleo empresarial que actúa como berce do sector do software.