O Son oferta este curso nove escolas deportivas

El Correo Gallego
Actuación de baile no acto de clausura das escolas deportivas de O Son no 2019. Foto: C. P.

PORTO DO SON. O Concello de Porto do Son abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais para o curso 2020-2021, nas que oferta un total de nove modalidades deportivas: predeporte, baile moderno, mantemento de maiores, pilates, acrobacias, baile acrobático, spinning , fit training e atletismo. A tarifa da primeira actividade será de 66 euros ao ano por participante, mentres que a segunda custará a metade de prezo. Ademais, manteñen as bonificacións para as unidades familiares. Estas iniciativas comezarán o próximo 1 de outubro e celebraranse en Porto do Son, Portosín, Queiruga, Baroña, Xuño, Caamaño e San Pedro de Muro. Dende a Concellería de Deportes sonense indican que as persoas interesadas en inscribirse xa poden formalizar a súa matrícula no rexistro municipal ou a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ás oficinas do citado departamento (604 051 189) en horario de 9.00 a 13.00 horas. m. C.