Foi xa o terceiro intercambio internacional do alumado da Escola Municipal de Música e do CPPI Os Dices // O Concerto sorprendeu en Relozek e rematou co himno letón // As agrupacións dan un concerto este xoves no auditorio TEXTO S. E.

Os músicos de Rois deixan alto o pavillón galego na visita a Letonia

Intercambios europeos
S. E.
Os músicos novos do Concello de Rois durante o percorrido que fixeron pola localidade letona. Foto: C. R.

O Concello coruñés de Rois volveu deixar moi alto o listón musical galego no seu terceiro intercambio internacional. O alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música e do CPPI Os Dices sorprendeu ao público e autoridades da rexión de Rezekne, en Letonia, e das localidades de Malta e Vilani cando remataron a súa actuación interpretando e cantando o himno letón, un xesto que agradeceron con aplausos todos os presentes. É de destacar que no concerto, os directores das escolas de música de Malta e Vilani, Normando Stekelis e Inta Brence, repectivamente, sumáronse ao coro de Rois para cantalo.

Segundo os datos facilitados polo Concello, a comitiva de Rois rematou a viaxe a Letonia o pasado día 16 de septiembre, despois de coñecer algúns dos puntos máis emblemáticos da localidade de Riga. A ópera nacional, a catedral, a praza do Concello, ou monumento á liberdade foron algúns dos lpuntos estratéxicos que puideron percorrer durante a súa estadía na capital letona.

IMPLICACIÓN. Tanto alumnos e alumnas, como o profesorado que participou nesta viaxe regresaba a casa coa satisfacción de ter feito dúas grandes interpretacións nos dous concertos ofrecidos o venres. A concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, díxolles que “estaba moi orgullosa das súas actuacións”, que fixeron saír máis dunha bágoa entre os asistentes, “e da súa implicacións neste proxecto”.

Agora, o Concello de Rois ou as persoas participantes nesta viaxe, reciben estes días a visita da comitiva da rexión de Rezenke Distrit, integrada por 24 representantes das escola de música de Malta e Vilani, que chegaron o martes a Rois. Durante a súa estadía en Galicia, e ademais do concello, o pazo do Faramello ou a Asociación Amipa, visitarán Santiago, Noia e Padrón.

Indicar que este xoves, as dúas agrupacións (a roisense e a letona) ofrecerán un concerto conxunto no auditorio do multiúsos de Rois, a partir das 20.00 horas.

Desde o Concello de Rois agradeceuse a colaboración do director da Escola Municipal de Música, Manuel Villar, pero tamén a de todo o profesorado que participou, en especial a de Anna Melikhova, que deseñou o logotipo que lucía a comitiva nas camisetas e que exerceu de tradutora durante a viaxe.

Un agradecemento que os responsables municipais quixeron facer extensivo a profesora de música do CPPI Os Dices, Mireia Pamies, así como ás empresas que colaboraron para que este proxecto fora unha realidade: Más que mamás, serigrafría Díaz e Autobuses Bustelo.

COMITIVA. Suliñar que a representación do Concello de Rois que viaxou a Letonia estivo encabezada pola concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, e incluíu tamén á xestora cultural Anayansi Singh. Ademais, a integraban o alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música (EMUS), co seu director, Manuel Villar, á fronte.

Formaron parte deste grupo Grecia Domínguez, Aroa Boga, Víctor Abascal, Celtia Insua, Amelia Miguéns, Lourenzo Somoza, Aitana Rodríguez, Ileana Piñeiro, Alba Manni, Desirée Meis, Anrís Soto, Lucía Rabuñal, Anna Melikhova, Fabián Jamardo, Elena Domínguez, Amparo Cánovas, Brais Villar e, por último, Martín Chaves.

Así mesmo, e en representación do colexio CPPI Os Dices, viaxaron coa comitiva a profesora de música e xefa de estudios Mireia Pamies, xunto con Iker González, Carolina Martínez, Nuria Costa, Carmen Romarís e Rocío Casal.

Indicar, finalmente, que foi o profesor da ESMU Gabriel Miguéns quen se encargou dos arranxos musicais dos temas que interpreta o grupo en Letonia estes días.