Os peregrinos camiñarán máis seguros por Estorde

Están a mellorar un treito para favorecer o tránsito dos viandantes // Contará con sinais reflectoras e indicacións da Ruta Xacobea
Seguridad vial
Manuel Boo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza nas obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-445 en Estorde, no Concello de Cee, no treito coincidente co Camiño de Fisterra, co fin de favorecer o tránsito seguro dos peregrinos.

A intervención consiste na execución dunha senda que suma un total de 631 metros de lonxitude e a condución de pluviais mediante 84 metros de tubaxe. Completarase coa mellora da sinalización, coa disposición de novos sinais reflectores e indicacións relativas ao Camiño.

A intervención, cun investimento de máis de 86.000 euros, está incluída nas setenta actuacións que a Xunta executa nas vías autonómicas para reforzar a seguridade nas confluencias cos Camiños de Santiago, cun orzamento conxunto de 1,4 millóns de euros.

O Executivo autonómico asegura que segue traballando “para favorecer a mobilidade, a comodidade e a experiencia dos peregrinos”.