O monte que conecta os municipios de Ames, Teo e Santiago atópase en moi malas condicións na sua vertente á Rúa do Rego// As fincas están asolagadas pola maleza e os veciños temen por mor de que aconteza un incendio TEXTO Pedro Brea

Preocupación no Milladoiro polo mal estado da Curuxeira

Maleza
Pedro Brea
risco de incendio. Imaxe dunha das zonas da rúa do Rego na que o monte está en peor estado. Foto: ECG

Chega a fin do verano pero con iso non se termina o perigo de incendio, feito que atemoriza aos veciños da rúa do Rego dende hai xa unha infinidade de meses. O problema reside no Monte da Curuxeira, concretamente, na sua vertente cara esta zona da localidade amesá. Este bosque conecta os municipios de Ames, Teo e Santiago e é precisaamente por iso que o seu control é especialmente conflitivo, xa que ao depender de tres concellos os límites non adoitan a estar claros, xerando deste xeito un abandono xeralizado por parte das institucións, que son as que deben actuar cando os propietarios das parcelas non levan a cabo o coidado das fincas.

A día de hoxe na rúa do Rego pódese observar como a maleza que provén das parcelas que lindan coa estrada estáse a introducir dun xeito máis que prominente na rúa, incluso, chegando a tapar en moitos puntos as sinalizacións pertinentes. Así pois, a maior preocupación dos veciños é que se poida chegar a producir un incendio, dado que a estrada apenas separa ó monte dos edificios, puidendo trasladarse as chamas dun punto ao outro sen apenas dificultade. Tal e como nos fixo saber unha vecña da zona “esta parte da cidade leva neste estado anos e ninguén fai nada por solucionalo, por moito que nos queixemos segue todo igual”, di a residente.

responsabilidades. A tarefa de manter limpas e en bo estado as parcelas agrestes é dos seus respectivos donos, pero no caso de que estes non se fagan cargo das mesmas e dependendo do tipo de solo co que este calificado a parcela, será o Concello ou a Xunta de Galicia a que se deberá encargar do mantenemento dos devanditos espazos. No caso de que o a labor fose da administración local, esta non pode actuar de motu propio, xa que é necesaria unha denuncia previa dos veciños das zonas que eles consideran que supoñen un perigo para a integridade da zona, para que unha vez recibida se poida ver que tipo de solo é e a quen lle corresponden as responsabilidades.

ignorados. Tal e como puido saber este periódico, os veciños da rúa do Rego están fartos de denunciar a situación por tódolas canles posibles e pese a todos os seus esforzos non foron escoitados por ninguén. De feito, tal e como dixo outro veciño da zona “ só lle van poñer remedio cando ocurra algunha desgraza, nese momento levarán as mans á cabeza e darannos a razón, eso sí, non poderán dicir que o estado do Monte da Curuxeira non fora denunciado polos veciños”. Así pois, os residentes da zona, fartos do lamentable estado no que atopa a zona, esperan que dunha vez por todas o Consistorio tome medidas e garantice a seguridade de tódolas persoas que viven na devandita rúa e que teñen medo a unha desgraza.