Proporán ó Parlamento a declaración como BIC da vila de Pontemaceira

O alcalde de Ames reuniuse co líder do PSdeG // Tamén se entrevistou coa conselleira de Medio Ambiente, con quen tratou a posibilidade de crear un novo Plan Xeral
Bien de Interés Cultural
Pedro Brea
Gonzalo Caballero e Blas García en Pontemaceira. Foto: Xunta de Galicia

O PSde G-PSOE levará al Parlamento galego a declaración da localidade de Pontecemaceira (Ames) como Ben de Intererese Cultural (BIC). Así o avanzou onte o lider socialista, Gonzalo Caballero, na xuntanza que mantivo con representantes da Corporación municipal do Concello, encabezada polo seu alcalde, Blas García, e á que acudiu nacompañía do presidente do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, e da deputada Noa Díaz.

Aproveitando dita reunión, Gonzalo Caballero, pediulle a Xunta de Galicia que cumplirá co seu compromiso cos concellos de Ames e Negreira, declarando o municipio de Pontemaceira como BIC, Ben de Interese Cultural, en palabras de Caballero “polo que representa na historia, no Camiño de Santiago ou nacultura” e dado que ten “un valor cultural, histórico e paisaxístico incomparable”. Ademais e dado que esta petición leva agardando dende o 2017, ano no que foi solicitada por ambos municipios, o PSdG levará ao Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para instar á Xunta a dar este “paso necesario” e que “aproveite as posibilidades” que achega a vila de Pontemaceira.

Noutra orde de cousas, o dirixente socialista pediu ao Goberno galego “que se fagan os investimentos necesarios para fortalecer o sistema de depuración de augas” en Ames, unha cuestión “que require de toda a implicación” da Administración autonómica.

Por outra banda, o alcade amiense, Blas García, aproveitando o encontro co líder socialista, quixo instar ao goberno galego a arranxar a problemática existente cos servizos de saneamento da depuradora, xa que se trata dunha cuestión primordial para o termo municipal. “Estamos solicitando unha ampliación e é un proxecto moi importante para o Concello”. Unha obra que é moi necesaria debido ao gran incremento de poboación que experimentou a comarca ao longo dos últimos anos, facendo que os servizos de saneamento sexan escasos para tódolos habitantes.

A maiores, Caballero quixo aproveitar o encontro para felicitar ao rexidor polo “magnífico traballo” que está facendo a Corporación local, xa que amosa o seu “compromiso coa veciñanza” e “responde ás necesidades do concello”. “Ames ten un goberno no que pode confiar, un concello novo que medra e con moitas posibilidades de futuro”, sentenciou. Ademais, Blas amosou a súa satisfacción pola visita do secretario xeral do PSdeG, salientando o permanente contacto que mantén ao longo do mandato para apoiar as demandas da veciñanza e do goberno municipal.

medioambiente. Doutra banda, o alcalde de Ames, Blas García, tamén se reuniu, pola tarde, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. No encontro faláronse de temas que afectan de modo direto tanto ó Concello de Ames como a outros colindantes co termo municipal.

O aspecto fundamental da reunión consistíu na conversa acerca do Plan Xeral, xa que este data do ano 2002, é decir, fai dezanove anos. Para iso, o rexidor solicitoulle a conselleira a colaboración da Xunta para encontrar o mellor modo de actuación, xa que existen dúbidas de se só modificar os aspectos que sexan necesarios ou elaborar un novo. Respecto a isto e en verbas do propio alcalde “a conselleira mostrou unha moi boa disposición tanto técnica como económica, xa que aproximadamente un Plan Xeral para un concello grande como é o de Ames ronda os 300.000 mil euros de xeito aproximado” concluíu.

Neste encontro tamén se trataron outros aspectos como a creación dun plan director dentro da Rede Natura do río Sar enfocado a recuperar a canle, que se atopa afectada polas zonas de labradío. A esto súmaselle unha conversa en torno ás especies invasoras, tanto de flora como de fauna. Respecto a isto acordouse a creación dunha memoria de actuación dentro da zona para que tanto a Xunta mais se fose necesario Augas de Galicia intervisen sempre e cando fose necesario. Por último, tamén se tratou a posibilidade decrear un proxecto piloto a tres bandas entre os concellos de Ames e A Baña xunto coa Deputación da Coruña para levar a cabo unha canceira intermunicipal que recolla e xestione aos animais, xa que a nova lei de protección dos mesmos “está a resultar un problema moi grande para tódolos municipios”, dixo.