Entre as pezas interpretadas atopábase ‘Eh Soom Boo Kawaya’ ou ‘Billie Jean’ // No tradicional concerto participou alumnado infantil e adulto TEXTO M. Boo

Rois recibiu o Nadal cun gran recital da escola de música local

Concerto
Manuel Boo
Alumnos da Escola Municipal de Música de Rois recibiron o Nadal con un festival que resultou moi emotivo.

Eh Soom Boo Kawaya, Que canten los niños, Adeste Fidelis ou Cun sombreiro de palla foron algúns dos temas que interpretaron alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois (ESMU) para darlle a benvida ao Nadal nun concerto que entusiasmou ao público que se deu cita no auditorio municipal.

Neste tradicional concerto de Nadal participou os estudantes de música e movemento e linguaxe musical, interpretando a canción popular nixeriana Eh Soom Boo Kawaya. O coro co alumnado máis novo subiu ao escenario para cantar o tema de José Luis Perales Que canten los niños e a canción tradicional colombiana Anton tiruriruriru; mentres que o coro de maiores elixiu o tradicional Adeste fidelis.

Juegos de tronos e Cun sombreiro de palla foron os temas elixidos pola orquestra de cordas que está promovendo a Escola Municipal de Música de Rois, antes da interpretación en piano a catro mans o coñecido tema de Heart and Soul.

O concerto rematou coa actuación dos dous conxuntos instrumentais da ESMU. No primeiro caso tocaron Billie Jean, de Michael Jackson, e Hey Brother. O tema de Europe The final Countdown serviu para pechar este concerto co que a Escola Municipal de Música “agradécelle ás familias, ao alumnado e profesorado, ao Concello de Rois e a toda a veciñanza o apoio recibido durante o curso e deséxalles un Bo Nadal”, como dixo o director deste prestixioso centro, Manuel Villar.