Visitaron as estacións de esquí Fuentes de Invierno, no Principado, e San Isidro, en León // No 2020 fixeron paintball no concello veciño de Vila de Cruces

Trinta rapaces de Raíña Lupa organizan unha viaxe a Asturias

Viaje
Javier Salutregui
Foto de familia dos rapaces que viaxaron coa Asociación Raíña Lupa ás estacións de esquí. Foto: RL

Este ano a asociación boqueixonesa Raíña Lupa levou a cabo unha viaxe ás estacións de esquí Fuentes de Invierno, no Principado de Asturias, e San Isidro, en Castela e León.

Paula Míguez, a presidenta da asociación, comentou que facía tempo que non realizaban ningunha viaxe debido á situación sanitaria. “Puxémonos un máximo de 40 persoas para a viaxe e lanzamos corenta prazas”, sinalou.

Aínda así, remarcou que a pandemia lles perxudicou: “Non tivemos todo o éxito que tivemos outros anos, pero fomos 26 rapaces. Ao final rematamos sendo 31 porque algúns, viñeron no seu propio coche”.

“É unha das viaxes que facemos sempre coa asociación e que sempre ten bastante éxito”, indicou Paula. Tamén menciona que foron os propios integrantes de Raíña Lupa quenes organizaron a viaxe: “Os que organizamos todo somos un grupiño de tres ou catro. Somos os que organizamos sempre as actividades desde a asociación; encargámonos de chamar á estación, alquilar os esquís, buscar aloxamento...”

No 2020, por mor da pandemia, tiveron que conformarse con facer paintball. “Durante a pandemia o único que fixemos foi, fai un ano e medio, paintball. O viaxe á neve non o poidéramos facer porque non se podía saír da propia comunidade e fixémolo xusto ao lado do noso concello, en Vila de Cruces”, explicou.