Visitas guiadas para coñecer o patrimonio de Vimianzo

Son de carácter gratuíto // Céntranse no castelo, o castro das Barreiras, o dolmen de Pedra Cuberta e o porto de Cereixo
Turismo
Manuel Boo
O castelo de Vimianzo será un dos puntos que acolla visitas guiadas e no seu caso incluso con algunhas teatralizadas

O Concello de Vimianzo quere dar a coñecer as súas riquezas monumentais e paisaxísticas, e para iso impulsa as visitas guiadas ao seu patrimonio desde este sábado ata o vindeiro 31 de agosto.

A reserva será obrigatoria ata unha hora antes do comezo das actividades no formulario dispoñible no enderezo web de turismo, e o aforo máximo será de 25 persoas.

Así, de martes a venres desenvolveranse as visitas ao Castelo entre as 11.00 e as 19.00 horas; ao Castro das Barreiras, ás 12.00 horas; ao dolmen de Pedra Cuberta ás 13.00 horas e ao porto de Cereixo, ás 17.00 horas.

Os sábados celebraranse tamén, ás 17.00 e ás 19.00 horas, visitas ao Castelo de Vimianzo, monumento que albergará tamén estas actividades en domingo, sempre ás 11.00 e ás 19.00 horas.

No principal monumento dste municipio soneirán haberá ademáis visitas teatralizadas cos Quinquilláns ás 12.30 e ás 17.00 horas.

O inicio de cada unha das visitas terá lugar no propio recurso, excepto en Cereixo, que partirá da igrexa. Hai que sinalar que todas as visitas son completamente de balde.