Limítanse a 6 as xuntanzas de non convivintes no interior e a 10 no exterior

Para acceder aos locais de hostalaría nos concellos en nivel alto e máximo de restricións será preciso aportar un destes documentos: o certificado de vacinación completa, unha proba negativa de COVID das últimas 72 horas, ou acreditar ter pasado a infección
Restricións
Olga Vilar
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este mércores en Santiago. ANA VARELA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece este mércores para explicar as medidas acordadas tra-la última reunión do comité clínico. Nas últimas horas Galicia volveu sumar máis de 1.100 contaxios por COVID.