A Deputación aposta forte polo deporte feminino

política deportiva
El Correo Gallego

Santiago. A deputada responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, visitou ao Amarelle FSF e mantivo unha reunión coa directiva da entidade, que conta con 115 deportistas federadas, todas elas mulleres. Capelán destacou a “longa traxectoria de colaboración” entre a Deputación e o club, así como o “brillante palmarés” e as “máis de dúas décadas de compromiso co deporte feminino do Amarelle FSF”, que conta co apoio económico da Deputación a través das liñas de subvencións da área de Deportes, nas que puntúa a presenza de mulleres e a promoción do deporte feminino. ECG