Anuncia Lete a Galega de deportes autóctonos

política deportiva
El Correo Gallego
Lete lanza na actividade de bolos, billarda e chave. Foto: Xunta

FEDERACIÓN O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte no CEIP Sobreira de Valadares nunha actividade do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) sobre a BBC (bolos, billarda e chave). Alí, Lete destacou a importancia dos deportes populares que son “parte da idiosincrasia de Galicia, parte fundamental da nosa cultura e da nosa tradición que debemos promover entre os máis novos” e anunciou a recente constitución, 0 29 de abril, da nova Federación Galega de Deportes Autóctonos. ECG