Atletas da SD Compostela nas 4 provincias galegas

Atletismo
El Correo Gallego
CANTERA Clara López, Ariana Iglesias, Yago Iglesias e Iria Giao, da SD Compos Atletismo, en Pontevedra. Foto: SD

ATLETISMO A fin de semana con maior actividade para a SD Compostela Atletismo este ano deixou a presenza dos atletas branquiazuis nas catro provincias galegas.

O sábado, na Pobra do Caramiñal, a SD debutou na modalidade de marcha no Campionato de Galicia en ruta, no que participaron Diana Botana e Ariana Iglesias, en categoría sub-12; e Rosalía Villaverde e Sara Pena, en sub-14. Todo, grazas á responsable de marcha do club, Mayka Jueguen.

En Pontevedra, Sonia Villar debutou na velocidade cun magnífico rexistro de 35 segundos nos 200 m; Iván Abeledo, José Sanda e Pedro Pazos viviron o seu primeiro contacto cos obstáculos. Pazos tamén debutou na velocidade: 29.33; e Juan Alvarellos, 13.13, nos 100 m, e 26.71 nos 200. Santi Dapena sería o máis veloz: 25.76; e Yago Iglesias baixou a súa marca nos 1000 m, 2’52”. Debutou en sub-12 Clara López.

O domingo, en Lugo, Nuria Mejuto debutou nos 1500 con 6’15”; en Pontevedra Yago Iglesias mellorou catro segundos a súa marca de 60 m: 1’32”. Nos máis cativos, debut de Xoel Otero nos 500 m, xunto a Martín Giao, Clara López e Iria Giao. En Vigo, Diego Muñiz, Clara e Irene Leis. En Elviña (A Coruña), Lucía Taboada nos 500 m, e Amador Pena nos 400 e 800. E Javier de Dios rematou no top ten no Trail de Barbadás. ECG