Barra de Miño recibe a 137 padeeiros con gañas de impoñerse na Copa Deputación de piragüismo

M.A.
Mercedes Sánchez, Bernardino Gonzaléz, Susana Rodríguez y Santiago Carvajales na presentación da regata na Deputación ourensana. Foto: D.O.

Ourense. Un total de 137 padeeiros participan este próximo domingo, día 25, na quinta regata da Copa Deputación de Piragüismo, a celebrar en Barra de Miño, no municipio ourensano de Coles. Esta proba está incluída no campionato provincial desta disciplina e organizada polo Club Piragüismo Ourense e a federación galega, ademais de contar co patrocinio da Deputación.

A regata foi presentada na mañá deste venres no Pazo Provincial coa presenza do asesor de Deportes do goberno provincial, Bernardino González; a tenente alcalde de Coles, Susana Rodríguez; e os representantes do club organizador, Mercedes Sánchez e Santiago Carvajales.

A regata pecha a tempada 2021-2022, así como tamén a liga provincial nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

Nesta ocasión incrementouse moito a cifra de participantes nesta regata de piragüismo. Os 137 inscritos, o que supón un 25 por cento máis con respecto á participación do pasado ano, pertenecen a cinco clubs da provincia: Fontefría de Muíños; Fluvial O Barco; Fluvial Avión; Castrelo de Miño; Fluvial Allariz; e Piragüismo Ourense. m.a.